Rúa Teixugueiras 13, 12-L

36212 Vigo (Pontevedra—Galicia)

Telf.: +0034986422117

 

Quen somos,

de onde vimos

 

O Grupo Trymar nace no ano 2000 dedicado nun primeiro momento á edición de materiais de formación exclusivos, convencidos da idea de que existe un lector que necesita manuais específicos para a súa formación e que non os atopa no mercado. Son estos lectores os primeiros en coñece-lo traballo da EDITORIAL TRYMAR, lectores esixentes que buscan contidos de alta calidade e moi específicos.

Así nace a EDITORIAL TRYMAR, neses primeiros pasos, a primeira editorial galega adicada íntegramente á formación de universitarios e profesionais de todo o Estado.

Abrangue en primeiro lugar o mercado da Enxeñería Forestal, con manuais de formación para estudantes do segundo ciclo que, ata ese momento, no atopaban nas librerías manuais que engadisen específicamente as súas materias e necesidades concretas. Logo verían manuais de periodismo, filoloxía española e orientación profesional, entre outros eidos.

Esta vocación no impediu que a Editorial Trymar entrara no ámbito puramente literario. Así, apostou fortemente no seu catálogo por obras de ficción cun marcado carácter social.

Deste xeito atopamos o noso lugar no campo da literatura de ficción editando autores noveles que non eran quenes de encaixar no mercado editorial galego.

Así nace EDICIÓNS KÉKERES, unha liña editorial baseada na búsqueda de novos talentos por todo o Estado (de feito, TRYMAR foi a primeira editorial independente, dentro de todo o territorio estatal que se atreveu a publicar a autores de fóra do seu ámbito xeográfico).

Xente con ganas de contar historias novas, comprometidas social ou literariamente, encontraron en KÉKERES un lugar donde poder ser escoitados e divulgados en todo o país.

Non satisfeitos con este salto cualitativo, no 2003 o Grupo Editorial Trymar decide arriscarse con GAYGA EDICIÓNS, unha liña máis atrevida e ousada ca anterior.

Seguindo os mesmos principios de funcionamento que a súa predecesora Kékeres, Gayga Edicións atreveuse con aqueles temas e contidos máis controvertidos e actuais, sen renunciar nunca ao principio que rexe todo o funcionamento editorial: a indiscutible calidade literaria dos nosos autores.

Nos últimos años, a Editorial Trymar apostou pola labor de recuperación de autores inxustamente esquecidos. Tanto os clásicos da Literatura Española como Galega pasaron a melloralo noso catálogo. Dentro desta labor incluimos unha liña específica de adaptacións xuvenís cun obxectivo abertamente pedagóxico cara ás novas xeneracións de lectores como a traducción dos autores clásicos con vistas a aportar aos libreiros e lectores un "fondo de andel" co que poder satisfacer as necesarias visitas a autores da Literatura Universal.

 

O peto dos clásicos

 

VOLVER

 

Editorial Trymar

Promociona también tu página

Editorial Trymar en Tumblr

   
 
Blog Onde atoparnos
Información á libreiros Envíanos o teu manuscrito

 

Rúa Teixugueiras 13, 12-L. 36212 Vigo (Pontevedra—Galicia) Telf.: +0034986422117

Aviso legal Política de confidencialidade Condicións de utilización