Avda. das Teixugueiras 13, 12-L

36212 Vigo (Pontevedra—Galicia)

Telf.: +0034986422117

Contacto Quenes somos
Blog Catálogo
 
Unha de romanos  

OU POR PAYPAL

REALIZA A TÚA COMPRA CONTRAREEMBOLSO

Nombre y apellidos:

 

Dirección:

Código postal y ciudad:

Provincia:

E-MAIL:

Telefono:

Unha de romanos

Carlos Vázquez

Kékeres

Galego

7,81

Tapa branda

20x14 cms.

136 páxinas

I.S.B.N 978-84-95758-05-7

Ficción e temas afíns; infantís, xuvenís e didácticos; España; Galicia; Lugo.

Carlos Vázquez González é un xornalista e escritor galego nado en Láncara. Fixo estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. A finais da década dos noventa realizou unha xira a través da Galería Sargadelos por distintas capitais galegas a fin de recitar os seus poemas, a meirande parte deles aínda inéditos, anque outros foron radiados en distintas emisoras locais e algunha nacional –como no programa Hoy por Hoy da Cadena SER que entón dirixía o mítico xornalista Iñaki Gabilondo–; tamén varios deles apareceron publicados en revistas como Xistral.

Os seus comezos nos medios de comunicación tiveron lugar no diario El Progreso de Lugo. En 2001 pasou a colaborar con La Voz de Galicia, sendo redactor neste xornal e locutor de Radio Voz, colaborando tamén coa Cadena SER e a COPE. Nesta época traballa tamén como xornalista e fotoxornalista freelance para as revistas ECO e Trasluz. De 2004 a 2009 organizou canda a Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo unha Demostración de Oficios Tradicionais, feito que xunto coas reportaxes etnográficas publicadas en La Voz de Galicia e na revista Trasluz lle permitiu ao autor afondar na etnografía galega.

Unha de romanos e unha obra narrativa onde fabula co pasado da Muralla de Lugo, contada a través da visión dun avó que quere entreter e ensinar ao seu neto. Trátase dunha obra entretida e sobretodo didáctica, como recoñece o propio autor.

  VOLVER

Editorial Trymar

Promociona también tu página

Editorial Trymar en Tumblr

   

Te ha de servir de gobierno:

para irnos al cielo hoy en día se necesita permiso del infierno

 
 
Blog Onde atoparnos
Información á libreiros Envíanos o teu manuscrito
 

Avda. Teixugueiras 13, 12-L. 36212 Vigo (Pontevedra—Galicia) Telf.: +0034986422117

Aviso legal Política de confidencialidade Condicións de utilización